INFORMACIÓN LEGAL

Aviso legal

Identificación da entidade responsable deste sitio e condicións básicas de acceso.

Titular do sitio

A MAQUINADORA, ACTIVADORA DE PROXECTOS E IDEAS, NIF G-42.845.917, con domicilio en Rúa Irmáns Xesta, nº 6, baixo, 32002 Ourense. Contacto: info@comprarartemola.com · 680 580 545.

O proxecto

Comprar Arte Mola é unha plataforma autónoma producida por A Maquinadora en colaboración con Casa das Peritas e Estudios Abertos Ourense. A plataforma fai visibles obras presentes en coleccións particulares e os relatos das persoas que as comparten.

Uso do sitio

O acceso ás seccións dispoñibles permite coñecer o proxecto. Para publicar ou participar cómpre unha conta e aceptar as condicións correspondentes. A plataforma está en beta pública: as publicacións públicas poden consultarse sen conta. Non hai venda, cobros nin intermediación na compra de obras a través da plataforma. Os datos declarados polas persoas usuarias non son por si sós unha certificación de autoría, procedencia ou autenticidade.

Responsabilidade e contacto

A entidade atende incidencias e revisa os contidos sinalados conforme ás normas e á lexislación aplicable. Pode haber interrupcións técnicas; non se promete dispoñibilidade permanente nin se exclúen responsabilidades que a lei non permita excluír. As ligazóns e insercións de terceiros dependen deses servizos. As cuestións relativas á web poden dirixirse a info@comprarartemola.com, en galego ou castelán.

Propiedade intelectual

As obras, fotografías, relatos, marcas e deseños conservan os dereitos dos seus titulares. Poder velos nesta web non autoriza a descargalos e reutilizalos en campañas, publicacións ou outros proxectos. Consulta as condicións de participación e o apartado de autoría e retirada.

Normativa e controversias

A actividade está suxeita á normativa española e europea que resulte aplicable. Podes contactar coa entidade para tratar unha incidencia, sen renunciar aos dereitos de reclamación nin aos tribunais que legalmente correspondan.