ESTUDIOS ABERTOS OURENSE × COMPRAR ARTE MOLA

Cartel de Comprar Arte Mola
Cartel da III Edición de Estudios Abertos Ourense

E se intentamos contaxiar o entusiasmo por comprar arte?

Estamos preparando algo que merece a pena compartir.

14días17horas45minutos

Para a terceira edición de Estudios Abertos Ourense

14días17horas45minutos

Para a publicación en aberto de Comprar Arte Mola

Comprar Arte Mola, a primeira rede social da xente que compra arte e vive con ela.

Volve Estudios Abertos Ourense

17 e 18 de outubro, provincia.23, 24 e 25 de outubro, cidade.

Se queres saber máis de Estudios Abertos, consulta aquí toda a información. Nos próximos días e semanas iremos ampliándoa.

Coñecer a próxima edición ↗

COMPRAR ARTE MOLA · PROBA EN PRIMICIA

Queres axudarnos a probar Comprar Arte Mola?

Se algunha vez compras arte, sen importar a frecuencia nin o prezo das obras, e queres colaborar experimentando coa rede antes de que se faga pública, queremos contar contigo.

Como podes axudarnos?

Proba a plataforma antes da súa apertura: crea unha conta, completa o teu perfil, publica algunhas obras coas que convives, explora as doutras persoas, marca Mola! e participa nas conversas.

Interésanos especialmente que nos contes qué resulta claro, qué xera dúbidas e qué mellorarías, tanto no móbil coma no ordenador. Se detectas algún fallo ou problema, fai unha captura e envíanola.

A túa colaboración axudaranos a mellorar a plataforma e facer dela unha ferramenta útil.

Para que todo isto?

A vida dunha obra non remata cando se vende: comeza unha nova etapa que tamén merece ser compartida. Queremos recoñecer a quen compra arte como unha parte imprescindible do ecosistema cultural e facer visible a arte coa que convivimos, non para vendela, senón para contar a súa historia.

Non necesitas ser unha gran coleccionista nin ter pezas de gran valor. Unha obra orixinal, unha pequena edición, un agasallo ou unha herdanza tamén forman parte desa historia.

Escríbenos a info@comprarartemola.com para solicitar acceso privado á fase de probas. Responderémosche coas indicacións para entrar e comezar a probar a plataforma.

Xa es colaborador ou colaboradora?Accede á área de probas

Non lembras a clave común das probas? Escríbenos.